viernes, 7 de agosto de 2015

A Ruta Migratoria



Os desprazamentos migratorios das aves realízanse entre o período de cría (primavera - verán) e a invernada; esta migración que ocorre no momento posterior á invernada é coñecida co nome de “prenupcial” ou primaveral e aquela que acontece despois do verán ou a comezos do outono denomínanse “postnupcial”.
A corrente migratoria pode durar días ou incluso semanas e as aves precisan de zonas de descanso na súa longa viaxe para poder continuar co seu percorrido.
As marismas da nosa ría conforman unha ampla braña con abundantes zonas de lodo, este lameiro é elixido por cuantiosas aves migratorias nos seus desprazamentos; a época de maior movemento ten lugar en dous pasos “postnupciais” de agosto a decembro e de xaneiro a marzo.
Entre a variedade de  aves que  repousan na ría atópanse as que podemos observar na imaxe que se clasificarían do seguinte modo
Aves acuáticas
Aquelas que pescan:
Garza real
Garzota
Corvo mariño  
Aquelas que buscan o seu alimento entre o lama ou a area do fondo (Límicolas):
Mazaricos
Biluricos
Becacinas

Pódense contemplar tamén lavancos ou parrulos nadando ; e entre os páxaros pequenos, a “escribenta das canaveiras” é moi tipico dos canavais en inverno.
Fuente: www.turgalicia.es Ría de Ares y Betanzos
             www.migracióndeaves.org SEO/Birdlife

                Os segredos da ría de Betanzos” Concello de Paderne


No hay comentarios:

Publicar un comentario