viernes, 24 de julio de 2015

“Adeus, ríos; adeus, fontes; adeus, regatos pequenos”. Rosalía de Castro (1837/1885)

No lugar de Gas fronteira entre os concellos de Paderne e Betanzos  localización dende onde presenciamos as fermosas vistas da ría de Betanzos non hai moito máis de unha semana,   atopamos esta fermosa fonte case monumental na que se pode ler a seguinte inscrición “POR LOS VECINOS DE LA FUENTE  / 1884 ”
A auga das fontes carrexa dende tempos ancestrais no mundo labrego un significado que alberga dende beneficios medicinais a todo tipo de rituais moitas veces vinculados a antigos cultos  pagáns e co mundo das crenzas e lendas; os encantos ou mouras son algúns dos personaxes lendarios máis populares do noso territorio.
Coa chegada do cristianismo estes lugares viron modificado o seu aspecto orixinal mediante a imposición de cruces ou imaxes de santos relacionados con ritos católicos e asociados á virxe.
Aquí observamos un claro exemplo da  colocación dunha cruz na cima da fonte , lamentablemente hoxe en día tanto a cruz como os dous pináculos decorativos atópanse en paradoiro descoñecido tras un roubo que tivo lugar no 2009.
A auga convertese en unha condición indispensable para o asentamento dunha poboación e determina o tipo de hábitat da mesma, cando os nacentes  son cuantiosos o medio resultante é disperso como no caso galego; aquí  o porqué da beleza dos nosos paisaxes.

Documentación: As fontes no Concello de Betanzos. TORRES REGUEIRO.X / GARCÍA GONZÁLEZ. A


No hay comentarios:

Publicar un comentario