martes, 27 de enero de 2015

Na Aula da Ría xa temos novas actividades programadas para as próximas semanas, polo quedesde aquí, entre outros medios, procedemos a dalas a coñecer.

- O luns 16 de febreiro, coincidindo co luns de carnaval, celebraremos actividades especialmente dirixidas á poboación escolar, de entre 6 e 16 anos, aproximadamente. Nelas, ademais de coñecer a Aula da Ría, aproveitaremos para visitar os muíños restaurados na aldea de Chantada, e no caso dos rapaces mais maiores, achegarémonos ao observatorio ornitolóxico.

- O mércores 25 de febreiro recibiremos as visitas das escolas unitarias do concello de Paderne. Neste caso teremos actividades encamiñadas a un público mais infantil nas instalacións da Aula da Ría.

- O venres 6 de marzo será a quenda do público adulto, co que faremos un roteiro que inclúe unha visita á Aula da Ría, visita aos muíños de Chantada, e tamén ao observatorio ornitolóxico.

Ademais, faremos as seguintes actividades que combinan deporte e contacto coa ría, aínda que as datas están sen confirmar (seguiremos informando):

- Piragüismo: constará de dous días (en principio o 14 e o 15 de marzo). Os participantes realizarán unha pequena visita á Aula da Ría, para a continuación quedar nas mans do monitor do Concello, que os guiará nesta divertida actividade que será celebrada na nosa ría.

- Vela: as datas, aínda non confirmadas, serán o 28 de febreiro, e o 1, 7 e 8 de marzo. Segue o mesmo esquema que a anterior, con unha breve visita á Aula, para a continuación pasar á acción na ría da man do monitor municipal.

*Algunha dos roteiros previstos a celebrar no exterior pode vir a ser alterado en función das inclemencias meteorolóxicas. No entanto, se as houbese que suspender, celebraríamos outras actividades no interior da Aula da Ría

lunes, 12 de enero de 2015

Desde a Aula da Ría, como defensores da natureza e da biodiversidade, queremos difundir a Campaña de "Loita contra as especies exóticas invasoras", donde se recollen pautas e ferramentas coas que poder facer frente a esta problemática.




jueves, 8 de enero de 2015

Ademais, recordamos que continúa a nosa recopilación de fotos antigas da ría e de calquera cousa relacionada con ela (traballos, apeiros, etc.), para o cal pedimos a colaboración de quen poida achegar novos documentos gráficos.
A Aula da Ría inicia o novo ano con novas actividades e contidos. Non os perdades!