viernes, 14 de agosto de 2015

Ponte do Pedrido


Ata ben chegado o século XX a conexión entre as beiras da ría (Bergondo - Paderne) debía realizarse en un bote para pasaxeiros ou un batel no caso de querer mover mercadorías, método de transporte rudimentario que facía realmente complicadas as comunicacións ó exterior para os veciños de San Pantaleón das Viñas (os cales nos días de mercado en Sada transportaban os produtos nunha barcaza, previo pago do imposto correspondente).

A  construción da ponte que podemos observar na imaxe sitúase entre o 1939 e 1942, obra do enxeñeiro Eduardo Torroja (os intentos anteriores remataron fracasando polo estalido da guerra civil).

A monumentalidade do arco central confire un aspecto de grandeza á edificación dende onde se poden observar unhas excelentes panorámicas da ría.

Fuente: http://www.concellodepaderne.com/ Concello de Paderne
             http://www.turgalicia.es/ Ponte do Pedrido

viernes, 7 de agosto de 2015

A Ruta Migratoria



Os desprazamentos migratorios das aves realízanse entre o período de cría (primavera - verán) e a invernada; esta migración que ocorre no momento posterior á invernada é coñecida co nome de “prenupcial” ou primaveral e aquela que acontece despois do verán ou a comezos do outono denomínanse “postnupcial”.
A corrente migratoria pode durar días ou incluso semanas e as aves precisan de zonas de descanso na súa longa viaxe para poder continuar co seu percorrido.
As marismas da nosa ría conforman unha ampla braña con abundantes zonas de lodo, este lameiro é elixido por cuantiosas aves migratorias nos seus desprazamentos; a época de maior movemento ten lugar en dous pasos “postnupciais” de agosto a decembro e de xaneiro a marzo.
Entre a variedade de  aves que  repousan na ría atópanse as que podemos observar na imaxe que se clasificarían do seguinte modo
Aves acuáticas
Aquelas que pescan:
Garza real
Garzota
Corvo mariño  
Aquelas que buscan o seu alimento entre o lama ou a area do fondo (Límicolas):
Mazaricos
Biluricos
Becacinas

Pódense contemplar tamén lavancos ou parrulos nadando ; e entre os páxaros pequenos, a “escribenta das canaveiras” é moi tipico dos canavais en inverno.
Fuente: www.turgalicia.es Ría de Ares y Betanzos
             www.migracióndeaves.org SEO/Birdlife

                Os segredos da ría de Betanzos” Concello de Paderne


miércoles, 29 de julio de 2015

O pasado mes de xuño  desfrutamos dunha nova xornada na Aula da Ría en compañía dos nen@s das escolas unitarias de Paderne; en esta ocasión dous integrantes do  Grupo de Desenvolvemento Rural  “Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” desprazáronse ata a aula para levar a cabo unha proxección sobre o uso sostible dos recursos e o coidado do medio ambiente, posteriormente trasladámonos  ata Ponte do Porco onde dúas mariscadoras da zona nos ensinaron en qué consiste  o  seu labor  na ría e cales son os moluscos que máis se reproducen no lugar.

Para finalizar o percorrido, os nenos puxeron en práctica os coñecementos adquiridos e axudaron na recolecta de lixo, fomentando e promovendo o uso responsable e mantemento do entorno.






viernes, 24 de julio de 2015

“Adeus, ríos; adeus, fontes; adeus, regatos pequenos”. Rosalía de Castro (1837/1885)

No lugar de Gas fronteira entre os concellos de Paderne e Betanzos  localización dende onde presenciamos as fermosas vistas da ría de Betanzos non hai moito máis de unha semana,   atopamos esta fermosa fonte case monumental na que se pode ler a seguinte inscrición “POR LOS VECINOS DE LA FUENTE  / 1884 ”
A auga das fontes carrexa dende tempos ancestrais no mundo labrego un significado que alberga dende beneficios medicinais a todo tipo de rituais moitas veces vinculados a antigos cultos  pagáns e co mundo das crenzas e lendas; os encantos ou mouras son algúns dos personaxes lendarios máis populares do noso territorio.
Coa chegada do cristianismo estes lugares viron modificado o seu aspecto orixinal mediante a imposición de cruces ou imaxes de santos relacionados con ritos católicos e asociados á virxe.
Aquí observamos un claro exemplo da  colocación dunha cruz na cima da fonte , lamentablemente hoxe en día tanto a cruz como os dous pináculos decorativos atópanse en paradoiro descoñecido tras un roubo que tivo lugar no 2009.
A auga convertese en unha condición indispensable para o asentamento dunha poboación e determina o tipo de hábitat da mesma, cando os nacentes  son cuantiosos o medio resultante é disperso como no caso galego; aquí  o porqué da beleza dos nosos paisaxes.

Documentación: As fontes no Concello de Betanzos. TORRES REGUEIRO.X / GARCÍA GONZÁLEZ. A


miércoles, 8 de julio de 2015

Paso do Camiño de Santiago por Paderne



O número de peregrinos que se desprazan a Santiago no 2015 segue aumentando  notablemente en comparación con anos anteriores;  no tramo do Camiño Inglés que transcorre polo noso concello  damos constancia de este incremento e queremos facervos partícipes dunha bonita panorámica da Ría  coa que se atopan os visitantes nos seus andares pola parroquia de Vila de Meus en Souto. Cautivadora, non vos parece?

viernes, 27 de marzo de 2015

Este pasado mércores día 25, os nenos das escolas unitarias do Concello de Paderne achegáronse á Aula da Ría nunha visita que dedicamos a tomar uns primeiros contactos coa cultura mariñeira do noso municipio. Tamén fomos visitar os muíños de Chantada, de forma que os máis pequenos coñezan e poidan preservar a nosa historia e tradición. A continuación móstranse algunhas fotos tomadas durante a visita.









lunes, 23 de marzo de 2015

En próximas datas publicaremos fotos das recentemente celebradas actividades de piragüismo e o roteiro ara adultos. É de destacar que ambas contaron con grande aceptación entre os participantes, que se presentaron en gran número e disfrutaron da experiencia, repetindo o éxito acadado nas xornadas de vela.
Este mércores día 25, os nenos das escolas unitarias de Paderne visitaránnos parase iniciar no coñecimento da cultura mariñeira do seu municipio. Ademais de coñecer a Aula da Ría e os seus activos, se a climatoloxía o permite achegarémonos a visitar algún dos muíños restaurados polo Concello na aldea de Chantada, onde se ubica a Aula.

lunes, 9 de marzo de 2015

Asimismo, no próximo fin de semana ofrecemos novas actividades, tamén encamiñadas especialmente aos máis pequenos. Nesta ocasión os rapaces poderán disfrutar de dous días de piragüismo, que se celebrarán o sábado pola tarde e o domingo pola mañá,  na propia ría de Betanzos. Recordamos que para poder participar é necesario inscribirse, e... ¡xa estamos nos últims días!
No recén rematado fin de semana, os rapaces de Paderne poideron disfrutar de dúas novas xornadas de navegación en barco de vela, repetindo o feito no fin de semana anterior. Unha vez máis, (mellor dito, dúas veces máis), reunímonos no porto de Sada cos nosos amigos de Altavela, que nos guiaron de novo entre as ondas e as correntes do mar. Debido ao éxito da actividade no primeiro fin de semana, o número de rapaces inscritos aumentou, polo que houbo que saír en dúas embarcacións.

Cabe destacar que o domingo, como colofón final, avistamos un grupo de delfíns que fixeron as delicias tanto dos máis pequenos como dos monitores cos seus incesantes saltos nos arredores dos nosos barcos.

Aquí van algunhas das fotos tomada neste segundo fin de semana de actividade.







martes, 3 de marzo de 2015

A continuación móstranse algunhas das fotos tomadas durante a realización da actividade de vela realizada en Sada os dous días do pasado fin de semana, no que os monitores de Altavela Servicios Náuticos puxeron a disposición dos rapaces de Paderne os seus barcos e a súa experiencia para coñecer de perto a navegación  a vela.














lunes, 2 de marzo de 2015

Antes da segunda parte do curso de vela, o próximo venres, celebraremos un roteiro no que ademais de coñecer a Aula da Ría, nos achegaremos aos muíños restaurados de Chantada e ao observatorio ornitolóxico de Souto. O prazo de inscripción aínda está aberto, polo que quen queira participar pódese apuntar nas oficinas do Concello ou chamando ao teléfono 981 79 70 01.
O pasado fin de semana completamos as dúas primeiras xornadas da actividade de vela en Sada, baixo a instrucción de Altavela Servicios Náuticos, que nos pasearon polo mar e nos ensinaron os segredos esenciais da navegación. En próximos días publicaremos fotos sobre o evento. Por último, recordamos que no próximo fin de semana completaremos o curso con outras dúas xornadas de navegación.

viernes, 27 de febrero de 2015

Hoxe é día de lembrar que este fin de semana se celebrarán as dúas primeiras xornadas da actividade de vela, que terá lugar en Sada. É conveniente que os participantes acudan provistos de traxe e botas impermeables.
Bos días! Estas son algunhas das fotos da actividade realizada o pasado día 16, no que rapaces de entre 6 e 16 anos se achegaron á Aula da Ría para coñecer a cultura mariñeira en xeral e a de Paderne en particular.



martes, 24 de febrero de 2015

A Aula da Ría quere anunciar que se suspende a actividade prevista para mañá mércores, na que ían participar os nenos das escolas unitarias do Concello, debido a que a previsión de mal tempo viría a dificultar poder ofrecerlles disfrutar do entorno. No entanto, anunciamos que a mesma se celebrará proximamente.

jueves, 12 de febrero de 2015

Nova Unidade Didáctica!! Na Aula da Ría xa temos disponible unha nova Unidade Didáctica que recopila moitos aspectos da cultura mariñeira de Paderne e o seu entorno. A Unidade Didáctica presenta un perfil accesible e de entretemento para poder chegar aos máis novos, sen por iso renunciar á súa vertente formativa, o que a fai ideal para persoas de todas as idades. Vén a coñecela!
Bos días!!
Lembramos que o vindeiro luns 16 pola mañá celebraremos na Aula da Ría actividades dirixidas a dar a coñecer a cultura mariñeira a rapaces de entre 6 e 16 anos. Se o tempo o permite, tamén visitaremos os muíños restaurados de Chantada, que se encontran nas proximidades da Aula.
Polo tanto, animamos a todos os que se encontren nesta franxa de idade a que se inscriban no Concello para participar!

martes, 27 de enero de 2015

Na Aula da Ría xa temos novas actividades programadas para as próximas semanas, polo quedesde aquí, entre outros medios, procedemos a dalas a coñecer.

- O luns 16 de febreiro, coincidindo co luns de carnaval, celebraremos actividades especialmente dirixidas á poboación escolar, de entre 6 e 16 anos, aproximadamente. Nelas, ademais de coñecer a Aula da Ría, aproveitaremos para visitar os muíños restaurados na aldea de Chantada, e no caso dos rapaces mais maiores, achegarémonos ao observatorio ornitolóxico.

- O mércores 25 de febreiro recibiremos as visitas das escolas unitarias do concello de Paderne. Neste caso teremos actividades encamiñadas a un público mais infantil nas instalacións da Aula da Ría.

- O venres 6 de marzo será a quenda do público adulto, co que faremos un roteiro que inclúe unha visita á Aula da Ría, visita aos muíños de Chantada, e tamén ao observatorio ornitolóxico.

Ademais, faremos as seguintes actividades que combinan deporte e contacto coa ría, aínda que as datas están sen confirmar (seguiremos informando):

- Piragüismo: constará de dous días (en principio o 14 e o 15 de marzo). Os participantes realizarán unha pequena visita á Aula da Ría, para a continuación quedar nas mans do monitor do Concello, que os guiará nesta divertida actividade que será celebrada na nosa ría.

- Vela: as datas, aínda non confirmadas, serán o 28 de febreiro, e o 1, 7 e 8 de marzo. Segue o mesmo esquema que a anterior, con unha breve visita á Aula, para a continuación pasar á acción na ría da man do monitor municipal.

*Algunha dos roteiros previstos a celebrar no exterior pode vir a ser alterado en función das inclemencias meteorolóxicas. No entanto, se as houbese que suspender, celebraríamos outras actividades no interior da Aula da Ría

lunes, 12 de enero de 2015

Desde a Aula da Ría, como defensores da natureza e da biodiversidade, queremos difundir a Campaña de "Loita contra as especies exóticas invasoras", donde se recollen pautas e ferramentas coas que poder facer frente a esta problemática.




jueves, 8 de enero de 2015

Ademais, recordamos que continúa a nosa recopilación de fotos antigas da ría e de calquera cousa relacionada con ela (traballos, apeiros, etc.), para o cal pedimos a colaboración de quen poida achegar novos documentos gráficos.
A Aula da Ría inicia o novo ano con novas actividades e contidos. Non os perdades!