venres, 28 de novembro de 2014

Estas son algunhas fotos dunha visita realizada esta semana á Aula da Ría. Como sempre, convidamos a todo o mundo a que nos visite!



martes, 25 de novembro de 2014

Para mañá mércores, temos programada unha nova visita á Aula da Ría, desta vez de última hora, na que voltaremos mostrar o espacio dedicado ao noso entorno mariño; e se a climatoloxía o permite, acercarémonos a visitar os muíños restaurados en Chantada e o observatorio ornitolóxico. A visita está programada a partir das 10h 30, e lembramos que quen queira pode unirse ao grupo que xa está confirmado, ou visitarnos calquera outro día.

venres, 14 de novembro de 2014

¡Novo evento! A Aula da Ría de Paderne volve abrir as súas portas para achegar a cultura mariñeira aos nosos veciños e para se convertir nun lugar de encontro e divulgación dos oficios e da historia relacionados con ela.

Queremos convidarvos a que veñades o próximo luns 17 a partir das 11 da mañá  para coñecer a Aula, e compartir experiencias ou recordos sobre o entorno da Ría.

O local está situado en Chantada, na parroquia de Souto, onde antes era a antiga escola.

¡Esperamos a vosa asistencia!

luns, 10 de novembro de 2014

Vista da ría desde a Aula, atravesada pola Ponte do Pedrido, que comunica por vía terrestre os concellos de Paderne e Bergondo sobre o enclave natural mariño.

A Aula da Ría retoma a súa actividade co proxecto "Paderne e a cultura mariñeira".