miércoles, 17 de diciembre de 2014

Esta semana recibimos unha nova visita programada na Aula da Ría. Como sempre, estamos a disposición de calquera que nos queira visitar para coñecer o noso patrimonio histórico e natural.


viernes, 12 de diciembre de 2014

O próximo luns día 15 ás 11 horas, temos programada unha nova visita á Aula da Ría. Como sempre, aproveitamos para recordar a quen se queira unir que será benvido. Se a climatoloxía o permite, ademais de adentrarnos na cultura mariñeira alí exposta, poderemos visitar os muíños restaurados de Chantada ou o observatorio ornitolóxico.

viernes, 5 de diciembre de 2014

A Aula da Ría continúa a recopilar fotografías antigas relacionadas coa ría e os seus activos e labores.
Desde o seu blog, queremos pedir a colaboración de quen poida achegar algún material deste tipo (fotos pescando, mariscando, de embarcacións ou aparellos utilizados para traballar, ou relacionada con calquera outra actividade da ría). Quen teña algún material deste tipo e queira colaborar, pódese poñer en contacto por vía telefónica co Concello de Paderne no 981 79 70 01, ou por correo electrónico no enderezo auladaria@gmail.com.