viernes, 14 de agosto de 2015

Ponte do Pedrido


Ata ben chegado o século XX a conexión entre as beiras da ría (Bergondo - Paderne) debía realizarse en un bote para pasaxeiros ou un batel no caso de querer mover mercadorías, método de transporte rudimentario que facía realmente complicadas as comunicacións ó exterior para os veciños de San Pantaleón das Viñas (os cales nos días de mercado en Sada transportaban os produtos nunha barcaza, previo pago do imposto correspondente).

A  construción da ponte que podemos observar na imaxe sitúase entre o 1939 e 1942, obra do enxeñeiro Eduardo Torroja (os intentos anteriores remataron fracasando polo estalido da guerra civil).

A monumentalidade do arco central confire un aspecto de grandeza á edificación dende onde se poden observar unhas excelentes panorámicas da ría.

Fuente: http://www.concellodepaderne.com/ Concello de Paderne
             http://www.turgalicia.es/ Ponte do Pedrido

viernes, 7 de agosto de 2015

A Ruta Migratoria



Os desprazamentos migratorios das aves realízanse entre o período de cría (primavera - verán) e a invernada; esta migración que ocorre no momento posterior á invernada é coñecida co nome de “prenupcial” ou primaveral e aquela que acontece despois do verán ou a comezos do outono denomínanse “postnupcial”.
A corrente migratoria pode durar días ou incluso semanas e as aves precisan de zonas de descanso na súa longa viaxe para poder continuar co seu percorrido.
As marismas da nosa ría conforman unha ampla braña con abundantes zonas de lodo, este lameiro é elixido por cuantiosas aves migratorias nos seus desprazamentos; a época de maior movemento ten lugar en dous pasos “postnupciais” de agosto a decembro e de xaneiro a marzo.
Entre a variedade de  aves que  repousan na ría atópanse as que podemos observar na imaxe que se clasificarían do seguinte modo
Aves acuáticas
Aquelas que pescan:
Garza real
Garzota
Corvo mariño  
Aquelas que buscan o seu alimento entre o lama ou a area do fondo (Límicolas):
Mazaricos
Biluricos
Becacinas

Pódense contemplar tamén lavancos ou parrulos nadando ; e entre os páxaros pequenos, a “escribenta das canaveiras” é moi tipico dos canavais en inverno.
Fuente: www.turgalicia.es Ría de Ares y Betanzos
             www.migracióndeaves.org SEO/Birdlife

                Os segredos da ría de Betanzos” Concello de Paderne


miércoles, 29 de julio de 2015

O pasado mes de xuño  desfrutamos dunha nova xornada na Aula da Ría en compañía dos nen@s das escolas unitarias de Paderne; en esta ocasión dous integrantes do  Grupo de Desenvolvemento Rural  “Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” desprazáronse ata a aula para levar a cabo unha proxección sobre o uso sostible dos recursos e o coidado do medio ambiente, posteriormente trasladámonos  ata Ponte do Porco onde dúas mariscadoras da zona nos ensinaron en qué consiste  o  seu labor  na ría e cales son os moluscos que máis se reproducen no lugar.

Para finalizar o percorrido, os nenos puxeron en práctica os coñecementos adquiridos e axudaron na recolecta de lixo, fomentando e promovendo o uso responsable e mantemento do entorno.






viernes, 24 de julio de 2015

“Adeus, ríos; adeus, fontes; adeus, regatos pequenos”. Rosalía de Castro (1837/1885)

No lugar de Gas fronteira entre os concellos de Paderne e Betanzos  localización dende onde presenciamos as fermosas vistas da ría de Betanzos non hai moito máis de unha semana,   atopamos esta fermosa fonte case monumental na que se pode ler a seguinte inscrición “POR LOS VECINOS DE LA FUENTE  / 1884 ”
A auga das fontes carrexa dende tempos ancestrais no mundo labrego un significado que alberga dende beneficios medicinais a todo tipo de rituais moitas veces vinculados a antigos cultos  pagáns e co mundo das crenzas e lendas; os encantos ou mouras son algúns dos personaxes lendarios máis populares do noso territorio.
Coa chegada do cristianismo estes lugares viron modificado o seu aspecto orixinal mediante a imposición de cruces ou imaxes de santos relacionados con ritos católicos e asociados á virxe.
Aquí observamos un claro exemplo da  colocación dunha cruz na cima da fonte , lamentablemente hoxe en día tanto a cruz como os dous pináculos decorativos atópanse en paradoiro descoñecido tras un roubo que tivo lugar no 2009.
A auga convertese en unha condición indispensable para o asentamento dunha poboación e determina o tipo de hábitat da mesma, cando os nacentes  son cuantiosos o medio resultante é disperso como no caso galego; e aquí  o porqué da beleza dos nosos paisaxes.

Documentación: As fontes no Concello de Betanzos. TORRES REGUEIRO.X / GARCÍA GONZÁLEZ. A


miércoles, 8 de julio de 2015

Paso do Camiño de Santiago por Paderne



O número de peregrinos que se desprazan a Santiago no 2015 segue aumentando  notablemente en comparación con anos anteriores;  no tramo do Camiño Inglés que transcorre polo noso concello  damos constancia de este incremento e queremos facervos partícipes dunha bonita panorámica da Ría  coa que se atopan os visitantes nos seus andares pola parroquia de Vila de Meus en Souto. Cautivadora, non vos parece?

viernes, 27 de marzo de 2015

Este pasado mércores día 25, os nenos das escolas unitarias do Concello de Paderne achegáronse á Aula da Ría nunha visita que dedicamos a tomar uns primeiros contactos coa cultura mariñeira do noso municipio. Tamén fomos visitar os muíños de Chantada, de forma que os máis pequenos coñezan e poidan preservar a nosa historia e tradición. A continuación móstranse algunhas fotos tomadas durante a visita.









lunes, 23 de marzo de 2015

En próximas datas publicaremos fotos das recentemente celebradas actividades de piragüismo e o roteiro ara adultos. É de destacar que ambas contaron con grande aceptación entre os participantes, que se presentaron en gran número e disfrutaron da experiencia, repetindo o éxito acadado nas xornadas de vela.